Entroido 2011: cartel

92
A concelleira Anxos Riveiro e o debuxante Kilo Dasilva presentaron esta mañá os carteis do entroido 2011 que se celebrará entre o 4 e o 12 de marzo. Como cada ano, volve a ser un cartel de coleccionista que nos convida a buscar ao Ravachol, a modo “Bucando a Wally”, segundo explicou o debuxante Kiko Dasilva.

O entroido deste ano será o entroido dos cambios. Así o anunciou a concelleira Anxos Riveiro quen adiantou que a Concellaría estudo xunto con moitos dos colectivos que participan nestas celebracións diversos cambios que se porán en marcha dende o primeiro día do entroido.

O desfile de carnaval volverá a discurrir polo percorrido orixinario: Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena e Praza de España.

O festival infantil do entroido será o martes (ata o e agora era o luns), e a presentación do Ravachol continuará o luns, pero adiantarase a hora da súa presentación.

O martes haberá unha festa nocturna de comparsas, e a Mostra da parodia pasa para o venres. O sábado será o enterro do Ravachol.

Anxos Riveiro explicou que este cambios, que se pormenorizarán unha vez que se presente o programa, nos vindeiros días, están pensados para  potenciar o carnaval, para que sexa máis participativa. Por iso a Concellaría leva varios meses traballando nestes cambios, “e esto é coma unh puzzle, se cambia unha cousa teñen que cambiar as outras para manter o contido durante toda a semana do entroido”. Nestes últimos anos a Concellaría detectara falta de participación nalgúns actos.