Andainas 2011

115

A concelleira de Dinamización Sociocultural, Anxos
Riveiro presentou o programa de rutas guiadas que comezan o próximo 6 de
febreiro cunha saída a Punta Carreirón, na Illa de Arousa.

 

Anxos
Riveiro lembrou que é un dos programas máis exitosos do Concello porque permite
combinar exercicio físico e coñecer as novas paraxes do municipio e dos seus
arredores.

 

Son
once roteiros que teñen unha dificultade baixa para permitir que se sume toda a
xente que queira, cunha duración dunhas 3 horas. Son roteiros novos e outros xa
coñecidos e escolléronse, os novos, por resultar interesantes, e os repetidos
por ser os máis demandados.

 

Os
novos roteiros son:

 

·       Percorrido por Castrelo, no municipio de Cambados

·       As fervenzas do río Barosa, de municipio de Barro

·       Roteiro por Salgueiral, na parroquia de Bora

 

As
recomendacións para participar nestas andainas son acudir cun calzado adecuado.
Ademais, deberanse inscribir cubrindo un formulario por persoa no Rexistro do
Concello ou en https://pontevedracultura.pontevedra.eu
e so se fará unha inscrición por un máximo de catro rutas en total.

 

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF